En Sta. María de Folgoso
apareceron importantes inscricións rupestres de épocas prehistóricas, sobre
todo ó longo do cauce do Lérez, e tamén un castro, no lugar de Vilariño.
A igrexa parroquial érguese
sobre un primitivo templo románico, e ten dous cruceiros, un no seu adro (O das
procesións) e outro preto da estrada, a escasos douscentos metros do primeiro.
Ten tamén importancia o
portón de entrada á casa dos Taboada, que o seu dono chama "Mi panteón",
e que está formado por unha excelente obra de cantería do século pasado,
cunha figura de Sta. Barbara e dous Gardas Civís ó seu carón, dos cales só
se conserva un.
En Folgoso, como en
tantos outros lugares de Galicia, a festa máis importante, a da súa patroa,
celébrase o 15 de Agosto.