O nome de Dúas Igrexas parece ser que se debe a existencia de dous templos dedicados respectivamente a San Vicente e a Sta María. O primeiro deles estivo aberto ó culto hasta o século pasado, pero foi derrubado por falta de rendas e só se conserva a pía bautismal románica e un anaco do antigo cruceiro. Ambos aparecen nas imaxes adxuntas.

O actual Templo parroquial é o de Sta María, aínda que reformado no século XVIII, ten o seu orixe na época románica.

Castro de Loureiro.  (Foto: Guía Turística)

Dentro do territorio desta parroquia apareceron restos importantes da cultura dolménica (Monte Penide) e Castrexa (Castro da igrexa e Castro Loureiro, bastante ben conservado). Nembargates, o monumento máis importante é a Igrexa parroquial, que garda no seu interior imaxes de moito mérito.

Anaco de cruceiro pertenecente a derrubada igrexa de San Vicente.  (Foto: Guía Turística)

 

Pía bautismal románica pertenecente o antigo templo de San Vicente.  (Foto: Guía Turística)

 

 

 

 

Dúas Igrexas é berce de importantes canteiros e artesáns, Non hai máis que ver as mostras de pedra que aparecen nas imaxes, pero noutro tempo  tiveron especial importancia os cereiros, e aquí estivo o taller de cera máis importante da Terra de Montes, o de Xosé Barreiro, que chegou a empregar máis de dez traballadores.

 

 

Modificada por derradeira vez o 16/01/2006
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.com