A
parroquia de San Xoán de Cerdedo (903 habitantes), ademais de ser a capital do concello, conta cun rico
patrimonio arqueolóxico, con restos do Neolítico, dolmenes e petroglifos nas
beiras do Lérez, e abundantes Castros e calzadas romanas con pontes en bo
estado de conservación.
Está formada polos
lugares de Barro, Arén, Carballás, Meilide, Cavenca, Lourido, Limeres, Biduido,
Abelaindo, Chamadoira, Peleteiros, Cavadosa, San Bernabé, Cernados, A Revolta e
a capital, Cerdedo.
O seu patrimonio artístico
é tamén moi destacado. A igrexa parroquial de San Xoán Bautista, que forma
parte do conxunto da praza da localidade, é de estilo neoclásico con cúpula e
fachada barrocas, e data do século XVIII. Conserva no seu interior imáxes e
pasos da Semana Santa de valor incalculable, destacando deles o Ecce-Homo, de
Gambino, outras de Semana Santa, de Antonio Ferreiro e así hasta 24 imaxes.
Na imaxen da dereita
pódense observar as dúas torres da fachada principal xunguidas por unha
balaustrada con unha imaxen de San Xoán Bautista en Pedra, e a torre do reloxo,
feita en ladrillo dunha maneira ben pouco acertada. Esta torre foi derrubada o
pasado mes de xuño de 2003 precisamente pola desafortunada estética.
A ponte de San Antón, do
século XIII, o cruceiro e a capela do mesmo nome (século XVI) son, xunto coa
"Eira da Pena" os outros conxuntos arquitectónicos máis
salientables. Por
encima da ponte e hasta a ermida conservase parte da primitiva
vía romana.

En Meilide viveu Frai Martín
Sarmiento, e aínda se conserva o Pazo de Raposeiras, casa que foi morada da súa
familia.