Parroquia formada polos lugares de Bugarín, Docabo, Domedio e Filgueira, conservanse nela  importantes restos de asentamentos castrexos que lle dan nome e tamén un forte da época medieval no chamado Coto de Castrodiz.

A igrexa parroquial de Sta. Baía do Castro está no lugar de Domedio, construída seguramente no século XVIII, pero queimada no ano 1809 polos soldados de Napoleón, que saquearon o lugar matando a enfermos, vellos e todo aquel que non puido fuxir.

No lugar de Filgueira existe unha fermosa eira con hórreos que, xunto coa capela da Virxe dos Remedios, forman un conxunto de especial interese. En Bugarín está a capela da  Virxe da Saleta, que aparece na imaxe.

O Segundo fin de semán do mes de febreiro celébranse aquí as festas de San Roque e "O Can" que son das máis coñecidas da bisbarra.

Nesta parroquia naceron dous importantes persoeiros da bisbarra: o arquitecto Pedro de Monteagudo e o Poeta e científico Xosé Otero Espasandín

 

 

Modificada por derradeira vez o 16/01/2006
(C)  Manuel Cerdeira Taboada
webmaster@terrademontes.com