Santa
Mariña de Castrelo é, quizais, a parroquia máis rica en vestixios prehistóricos
de toda a Terra de Montes. Abundantes túmulos dolménicos foron encontrados no
lugar de A Mámoa, e no Campo das Antas, beireando un camiño que aínda hoxe
chaman "O Vreeiro", e que foi paso dos arrieiros que levaban o viño
do Riveiro a Compostela. Tamén no lugar do Campo da Mina e en Tras da
Serra apareceron este tipo de construccións.
Do século XIV, consérvase
a Torre da Alarma de Barciela, situada no igrexario de Mota, que perteneceu á
fortaleza do Castro de Montes, e que tiña como función chamar os fregueses ós
autos de culto ou ás xuntas xerais da Terra de Montes, que se reunían no Campo
da Granxa. Máis tarde tamén se utilizou, e de aí o seu nome, para avisar os
veciños dos ataques dos bandidos cando as guerras carlistas.

Castrelo conta con unha
igrexa parroquial do século XVI, restaurada e ampliada no ano 1752 po lo
canteiro Manuel Cadavid e o carpinteiro Salvador Lorenzo, ambos da parroquia.
Está rodeada polo cemiterio, no que aparecen tamén importantes obras de cantería
talladas polo canteiro Manuel López Barciela ou sartegos de Francisco
Villaverde.

As imáxes corresponden a
Torre de Alarma, o cruceiro parroquial e a igrexa antes mencionada.