Beariz de Montes é o
concello máis pequeno dos que compoñen a Terra de Montes. Situado na parte
máis noroccidental da provincia de Ourense, ocupa uns 56,2 Km
cadrados e ten só 1704 habitantes, o que supón unha densidade de 33 hab/Km2
duha poboación moi envellecida pola emigración.
Cunha altitude media de 610 metros sobre o
nivel do mar, Beariz é tan montañoso coma Forcarei
ou Cerdedo, pero as súas augas corren xa cara o
Avia, e deste o Miño, e eso fái que os vales sexan abertos en dirección
Sur, con máis horas de sol. Ten os seus cumios máis altos en Marcofán (940
m.), o alto da Ruza (868m.), xa lindando cos lugares de Trasdomonte,
en Forcarei, e o alto de Santo Domingo (848 m.).
Nas terras de Beariz
apareceron importantes restos das épocas do Neolítico (mámoas ou antas, de
onde ven o nome do lugar de As Antas, no linde con Irixo, que ten a
particularidade de que, con non máis de vinte casas, formaba parte de tres
parroquias, tres diócesis e tres municipios distintos) e da Idade do ferro
(Castro de Magros, onde se atoparon restos de cerámica e pedras de moer o
gran). Da época romana consérvase unha ponte sobre o río Verdugo, no lugar de
Ricovanca.

A capital, Beariz,
ten nestes momentos 513 habitantes censados, e está asistindo a unha importante
volta de emigrantes das américas (México, de xeito especial) que aportan algúns
deles importantes capitais á zona e as principales cidades de Galicia (De
feito, trátase dun dos concellos con máis renta per-capita de Galicia). En
Beariz estase a facer unha labor importante de
recuperación do entorno. En lugares como Albite, hai cinco anos abandoado, hoxe
estanse reconstruíndo dende casas hasta eiras e muíños, sempre respetando o
entorno tradicional da zona.
No territorio de Beariz
hai minas de wolframio e estaño, que neste momento non son explotadas. Estes
dous metais deron lugar a un feito moi curioso. Mentras durou a Segunda gerra
mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do que lles facía
falta para a fabricación de pezas de artillería, senón deixar o outro bando
sen esa materia prima. Así o "wolfram" chegou a acadar prezos astronómicos,
e na súa compra e venda fixéronse ricos moitos comerciantes, e xente de todos
os oficios deixaron o seu traballo para ser mineiros ilegais. Algo parecido á
febre do ouro en Norteamerica, coa súa parte de violencia incluida; eso
si, durou menos tempo. O máis curioso é que contan os paisanos que estas minas
non producían tanto metal como se vendeu, senón que se utilizaban de tapadeira
para comerciar co mineral que se recollía a céo aberto no concello de Silleda,
onde os labregos venderon a súa terra por anacos e déronse casos de verdadeira
tolemia colectiva.
As minas de estaño tamén
deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o
metal mesturado con pedra que se recollía nas minas do arredor para elaborar
lingotes. Os donos mercaban o metal directamente ós que o recollían a un prezo
dependente da calidade e forma de pago, pero sempre moi superior á taxa marcada
polo goberno.
A explotación das minas
non se fixo só por compañias, senón que moitas eran traballadas por
particulares, e nas escombreiras recollían os nenos e as mulleres os restos do
metal, que unha vez lavado no río aportoulles ás familias da posguerra unha
axuda en tempos de moita necesidade.
Este mesmo xeito de
explotación deuse tamén nos montes de Coco e o Testeiro, entre os concellos de
Forcarei e Lalín, e dou de comer sobre todo ás
xentes da Ermida, Trasdomonte e a Portela de
Lamas.
O concello de Beariz está
adscrito administrativamente dende hai pouco tempo a comarca e mancomunidade de
municipios do Carballiño, con
a cal ten tan pouco que ver como Forcarei e Cerdedo
con A Estrada, pero que é o destiño de moitos dos cartos que se chegan da
emigración.
<Ver máis
fotos>